OBXECTIVOS
- Levar ao alumno á reflexión sobre o seu propio proceso de aprendizaxe
- Responsabilizar ao alumno das súas propias accións
- Avaliar o funcionamento do grupo
- Avaliar a tutoría por parte do alumnado
CONTIDOS
Conceptuais
- A avaliación
Procedimentais
- Determinar os erros e acertos individuais e do grupo ao longo do curso.
- Valoración e achegas á tutoría
Actitudinais
- Valorar a avaliación como algo positivo e que permite mellorar.
- Tomar conciencia da necesidade da avaliación tanto individual como grupal
DESENVOLVEMENTO
1º- Motivación:
Unha vez chegados ao final de curso, xa estamos todos un pouco cansos e con ganas de disfrutar de tempo libre, do verán, dos amigos e non pensar en cousas que teñan que ver co colexio, polo menos nunha tempada. Con todo, como xa sabedes, o curso termina coa vosa avaliación, pero hai moitos aspectos do que foi o curso que é necesario tamén valorar para tentar melloralos de cara ao curso que vén, porque a finalidade da avaliación, SEMPRE, é a mellora, ir conseguindo mellorar, tanto individualmente, como en grupo, xa que o funcionamento do grupo, como vos sintades nel, o ambiente de traballo, a actitude do grupo na aula, a actuación do delegado e delegada, etc. Son aspectos importantes que inflúen no voso proceso de ensino. Asique, ao finalizar calquera proceso, neste caso, un curso, imos avaliarnos.
2º- A avaliación:
A avaliación require un certo grao de honestidade cun mesmo, é dicir, que sexades sinceros e expoñádesvos os problemas e dificultades que tivestes para superar ou tentar superar o curso. Lembrade que a avaliación sempre é para mellorar e o primeiro paso para que nalgún momento emprendades accións de cambio ou mellora, é ser conscientes e aceptar con naturalidade a actitude e traballo que levastes a cabo durante o curso e como afectou ao voso rendemento.
3º- Avaliación individual do trimestre:
Agora ides analizar o voso proceso de avaliación:
-Cales foron as maiores dificultades coas que che atopaches este curso? por que?
-Como crees que as podes solucionar?
-Que estratexias che funcionaron para superar as materias?
-Cales son as túas aspiracións cos estudos?
-Crees congruentes estas aspiracións co tempo que lle dedicas e os resultados?
Coméntanse as respostas dalgúns alumnos/as, o obxectivo é que o alumnado reflexione.
4º- A avaliación do grupo:
Ademais de avaliar o curso de forma individual, é dicir o traballo de cada un de vós, é importante valorar o grupo en xeral, analizando algúns aspectos importantes. Pódese realizar en gran grupo, intervindo tamén o titor/a:
-Orde e limpeza da aula
-Actitude do grupo nas clases
-Relación intragrupo, relacións interpersoais, integración
-Convivencia, respecto cara aos demais
-Actuación do delegado e delegada
-Outras que poidan xurdir
5º- A avaliación da titoría:
Xa que explicamos que a avaliación é un procedemento de mellora, agora ides valorar a titoría ao longo do trimestre/curso.
ELABORADE UNHA PEQUENA LISTA COAS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO ALUMNADO CARA O CURSO QUE VÉN.