OBXECTIVOS
- Introducir ó alumnado na técnica do debate
- Fomentar os valores de tolerancia e respecto ante opinións contrarias as dun
- Fomentar a reflexión e a autocrítica
CONTIDOS
Conceptuales
- O debate
- Características do debate
- Pasos a seguir nun debate
Procedimentales
- Coñecer a finalidade do debate
- Saber debater sobre calquera tema.
Actitudinais
- Valorar o debate como unha estratexia enriquecedora do pensamento non como unha forma de rivalizar
- Tomar conciencia das consecuencias negativas do que supón o pensamento único
MATERIAIS
Caderno ou folios de titoría
TEMPORALIZACIÓN
Unha sesión
DESENVOLVEMENTO
1º- Motivación:
Motívase ao alumnado para a actividade: “Hoxe imos traballar un dos aspectos más importantes para mellorar a convivencia en grupo, fomentar o respecto e a liberdade de opinión e de expresión que caracteriza a un estado democrático como no que vivimos. Imos traballar sobre o debate”.
2º- O debate:
Pregúntaselle ao alumnado qué cre que é debater (uns minutos). Posteriormente concrétase: “na maioría das ocasións o debate enténdese como unha discusión, cuxa finalidade é convencer ó outro ou outros da opinión que se posúe sobre un tema en concreto. Con todo, as persoas, debido a moitos factores, como a educación recibida, o desenvolvemento individual da personalidade, a ética e a moral, o contorno social de cada un, etc., imos elaborando as nosas propias opinións e posicións ante determinados aspectos da vida, e isto non implica que sexan más ou menos válidos que os doutros, simplemente, diferentes.”
¿Qué é un debate? ¿Cal é a súa finalidade?
O debate é un intercambio de opinións, favorece o coñecemento do mundo que nos rodea, porque amplía a información que posuímos; axúdanos a pornos no lugar dos outros, escoitando os seus puntos de vista e favorece a autocrítica, é dicir, fai que nos plantexemos que existen outras opinións a considerar, co que favorece a amplitude de miras, non un único pensamento.
3º- Características dun bo debate:
As persoas:
- Debe haber como mínimo dous grupos situados de forma oposta ante un tema en concreto
- Moderador: esta persoa ha de ser neutral e ha de dirixir o debate. Esta figura é esencial sempre nun debate
As actitudes:
- Capacidade de escoitar
- Tolerar: respectar a opinión dos outros
- Empatía: porse no lugar do outro
- Comunicación asertiva, isto refírese á capacidade de expresar as opinións dun, sen impolas, pero tampouco sen deixarse ningunear, con apromo e seguridade (é a parte más difícil).
- Conclusión: ambolos dous grupos han de chegar a unha conclusión na que se deberán ter en conta tódolos puntos de vista.
Recoméndase escribir estas pautas no encerado para que cando se leven a práctica poidan recordarse.
4º-Pasos a seguir para o desenvolvemento dun debate:
-O moderador ha de “presentar” o debate, é dicir, presentará o tema ao grupo e a cuestión a debater.
-O grupo situarase e formará dous subgrupos.
-O moderador dará os puntos a favor e en contra do tema en cuestión.
-A partir de ahí abrirase o intercambio de opinións.
-Tendo en conta a norma de escoitar, será necesario que os debatintes teñan un caderno no que vaian anotando aqueles aspectos que, despois da intervención do oposto, queiran rebater.
-O moderador intentará que os grupos non se estanquen nunha opinión ou que entren en discusións ou falten ás normas que debe seguir un debate.
-Finalmente ambos os dous grupos elaborarán unha conclusión do tratado
¡Importante! A finalidade do debate é enriquecer as opinións propias, non tratar de convencer ou impor.
5º-Proposta de debate:
O suplemento do periódico “La voz de Galicia”, “A voz da escola”, expoñía nun dos seus titulares do mércores 8 de outubro de 2008:
“O presidente Zapatero reclamou ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas unha moratoria universal da pena de morte para o 2015. ¿É a pena de morte un exercicio en contra da non violencia?”
-A partir de aquí sitúanse os grupos (se podería dividir a clase)
-O moderador (que será o titor) expón os seguintes puntos de vista a favor da pena de morte:
- Razón de xustiza: “vida por vida, ollo por ollo”, a lei do talión. A pena de morte ten un carácter sancionador proporcionado ó delito.
- Utilidade social: As persoas que ven que certos actos castíganse coa pena de morte evitarán cometer eses actos.
- Legítima defensa: díxose que as persoas teñen dereito a defensa cando alguén as ataca, ata matar a outro que quere matarche a ti; pero ás veces as víctimas non foron capaces de defenderse. Por iso a xustiza oficial pode actuar en nome da víctima agredida e aplicar no seu nome a pena de morte.
- Evitar as reincidencias do condenado se se lle deixa libre.
- Garantías legais: para condenar a alguén a pena de morte esíxense moitas probas xudiciais, poden facer apelacións, volver analizar as causas da pena, etc.
- Costes económicos: liberar a presos ou atendelos durante moitos anos de cárcel custa moito máis que telos na cárcel.
c Argumentos en contra da pena de morte:
- ¿Razón de xustiza?: a lei do talión non ten en conta outras circunstancias de tipo humano: a súa debilidade psicológica, o apasionamiento, a ignorancia, a posibilidade de arrepentimento, etc.
- ¿Utilidad social?: non está demostrado que a pena de morte cumpra unha función de prevención de delinquir.
- ¿Legítima defensa? Suponse unhas intencións da víctima que non poden ser demostradas. Pode ser que se a víctima poidese expresarse, non pedise vinganza contra o delincuente, se non o perdón.
- ¿Evitar reincidencias? As respostas posteriores ó delito, tales como a pena de morte ou a cadea perpetua, as veces son o reflexo do fracaso do Estado ou da sociedade en levar a cabo as súas funcións.
- ¿Garantías legais? É certo que hoxe en día os erros xudiciais son menos frecuentes, existe o risco de condenar a un inocente e xa non se podría compensar ao suxeito por erro.
- ¿Costes económicos? O que importa non son tanto os custos económicos senón os persoais e sociais, ¿é maior o beneficio persoal e social se se suprime a pena de morte?
-Ábrese o debate.
-Finalmente inténtase chegar a unha conclusión
