O Bacharelato.
O bacharelato forma parte da educación secundaria, na fase postobrigatoria e ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación superior (Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia).
Acceso e características
Para acceder ó Bacharelato hai que posuir o Título de Educación Secundaria Obrigatoria.
Consta de dous cursos.
Diferéncianse:
-Materias comúns
-Materias de modalidade
-Materias optativas
Agrúpanse configurando diferentes vías coas que se pretende dar representación as ramas de coñecemento relacionadas coa Educación Superior.
Ramas de coñecemento. Comisión Interuniversitaria de Galicia (www.ciug.cesga.es)
Vías do Bacharelato
CIENCIAS E TECNOLOXÍA
HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIÁIS
ARTES
Saídas
Acceso a Grados Universitarios, a través da Selectividade
Acceso directo a Ciclos Formativos de Grado Superior
A Selectividade
É unha proba onde se valoran os coñecementos xerais do Bacharelato.
Precísase dela porque as Universidades non dispoñen de suficientes plazas para acoller a tódolos demandantes e débense seleccionar.
Esta selección faise a través desta proba.
Ten unha convocatoria en xuño e outra en setembro
Fases da Selectividade
-
Fase xeral: materias comúns (0-10 puntos)
-
Fase Específica: materias de modalidade que ponderen máis para acceder a un Grado en concreto (0-4 puntos)



